OS 100 DO BARBANZA 2022

Os 100 dos International Trekkers

Os 100km en 24 horas vanse levar a cabo os días 25 e 26 de xuño de 2022, saíndo ás 16h do sábado 25 de Lousame (A Coruña). É unha proba non competitiva que se poderá realizar correndo ou andando, sen ningún tipo de restrición, sempre que se cumpran uns tempos de paso mínimos nos controis (aprox. 4,5 km/h de mínimo).

O percorrido estará completamente balizado e realizarase por camiños, sendas, pistas forestais e en pequena proporción (un 10%), asfalto. Haberá 3.000m de subida acumulada e contaremos con 10 avituallamentos o longo do percorrido: 5 liviáns (líquido e froita) e outros tantos con máis comida sólida (sándwichs, etc.). No avituallamento do km. 37 haberá unha cea quente, e no do 100 haberá unha festa de confraternización entre voluntarios e participantes tamén con comida quente, a partir das 12h. do domingo.

O percorrido transcorre polos 7 concellos da comarca do Barbanza: Lousame, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia, e regreso ao punto de partida en Lousame. A ruta ten enormes atractivos paisaxísticos, culturais e históricos, a través de camiños ancestrais, sendas fluviais, pistas e corredoiras…

Hai un máximo de 300 prazas, cuxo custe é de 55€ para as inscricións entre 28 de febreiro e 30 de abril, e 75€ para as inscricións entre 1 de maio e 15 de xuño.

Os canais de información son http://itrekkers.org, e o facebook, https://www.facebook.com/itrekkers/

A inscrición realizarase na páxina web e o pago será a través da plataforma segura de pago.

Se tes calquera dúbida, por favor envíanos un mail a 2022@itrekkers.org

REGULAMENTO CARTEL INSCRICIÓN

Dúbidas sobre as inscricións

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?

Non. Únicamente mediante a pasarela de pago desta páxina.

O pago na nosa pasarela é 100% seguro.

Cal é o coste das inscricións?

O importe das inscricións para os 100 do 2022, son:

  • Entre o 28 de febreiro e o 30 de abril: 55€
  • Entre o 1 de maio e o 15 de xuño: 75€

Non se admitirán inscritos a partir do 16 de Xuño.

Por razóns operativas, existe un límite de 300 inscritos. Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?

As inscricións serán persoais e intransferibles.

O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:

  • O importe da inscrición será reembolsable ata o 31 de maio, cunha penalización por gastos do 10% da inscrición realizada. A partir do 1 de xuño non se devolverá a inscrición en ningún caso..Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización cómo se efectuará a devolución, que é decisión última da organización.
  • Se o participante desexa que a cantidade abonada se utilice coma adianto da edición do 2023, se houbese, o valor abonado en 2022 subtraerase da cantidade da inscrición do momento en que se inscriba no 2023.
  • Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade.

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?

A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura. Hai unha lista de inscritos actualizada.

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

O percorrido vai estar marcado e balizado?

Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos marcas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?

Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?

Non, non hai limitación “por arriba” da idade. Si, por abaixo, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha carta asinada polos pais ou titores. Pero por arriba, non hai límite de idade.

¿Vai haber avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?

Vai haber 10 avituallamentos, onde haberá líquidos e sólidos. A cea, con comida quente, estará no km. 37. Aínda así é obrigatorio que todo participante leve un contenedor de líquido e recomendamos moito que tamén leve algo de comida entre avituallamentos.

É necesario levar algo máis?

É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km.

  • Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
  • LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba. Non ter activo o localizador GPS pode ser causa descualificación.
  • Mochila ou bolsa para transportar o material esixido.
  • Contedor para líquidos (mínimo 0,5 litros)
  • Frontal ou lanterna
  • Teléfono móbil con batería e saldo dabondo, cos teléfonos da organización.
  • Chifre ou pito para emerxencias
  • Manta térmica ou de supervivencia de tamaño mínimo 1,20m x 2,10m
  • O material obrigatorio será requirido no control de dorsais e en calquera parte do percorrido, e todos os participantes estarán obrigados a someterse a dito control, baixo pena de sanción ou descualificación da proba.

Tamén aconsellamos levar o seguinte equipo:

  • Luz traseira cor vermello, colocada na parte posterior do participante e acesa durante a noite.
  • Alimentos.
  • Chaqueta impermeable con membrana transpirable con capucha.
  • Gorra ou pano.
  • Pantalóns ou mallas longas durante a noite.
  • Camiseta térmica de manga longa durante a noite
  • Crema solar.

Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?

Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas númeradas cos dorsais que se levarán ata o punto de avituallamento do km 37, que logo se levarán de novo ó km 100).

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que teña un peso e volume razonable. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, tense que meter nunha bolsa que proporcionará a organización cunha pegatina co número de dorsal do participante.

A organización levará unha bolsa ata o km. 37. Alí os participantes collerán e deixarán o material que desexen. Logo a organización voltará levala ata a saída.

A organización, malia que velará por todo o material que nos entreguedes, non se pode facer responsable de posibles perdas do material entregado.

É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada? Teléfono de emerxencia?

A proba sae e chega de Lousame.

No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos, agás por razón de forza maior. Dende alí serán transportados ata Lousame pola organización. En caso de forza maior, ofrecerase un teléfono de emerxencias ó que contactar se non se pode chegar a un avituallamento.

Despois da proba

Que se entrega ós participantes?

Tódolos participantes terán unha prenda conmemorativa da proba. Aparte, os que completen no prazo de 24 horas os 100km, obterán unha medalla de finisher e un diploma indicando o tempo que necesitaron para cubrir todo o percorrido.

Que é o xantar de chegada?

A partir das 12h do día 26, a organización organiza un xantar entre participantes e voluntarios coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan.. Noutros anos, neste xantar houbo mexillóns, polbo, carne...

Dádevos conta que nós organizamos unha proba de 100km, non unha comida, e por xentileza, permitimos que algún acompañante dos participantes asista ó xantar. Polo tanto, permítese a asistencia de ata 2 acompañantes por inscrito, previa adquisición da entrada. Este coste ten un custo de 20€ por acompañante e poderá adquirirse na web dos itrekkers.

A saída e chegada da proba está localizada no concello de Lousame, no Pavillón polideportivo da Silva. Está situado ao norte da península do Barbanza, nunha posición privilexiada preto de marabillas paisaxísticas, culturais e turísticas.

As distancias a distintos puntos son: (segundo Google Maps)

  • Santiago de Compostela 37,8 km. (35 minutos)
  • Vigo 90 km (1h 10 minutos)
  • A Coruña 110 km (1h 10 minutos)
  • Madrid 636 km (6h)
  • Porto 230 km (2 h 30 minutos).

Transporte público

O mellor xeito de chegar a Lousame en transporte público, mediante autobús, ata Noia. Os autobuses saen da estación de autobuses de Santiago, próxima á estación de trens. Máis información en https://www.bus.gal

Dende outras localidades pódese chegar en autobús, tren ou avión a Santiago, que é a cidade de referencia, e alí coller o autobús ata Noia.