Os 100 dos International Trekkers
Os 100km en 24 horas vanse levar a cabo os días 25 e 26 de xuño de 2022, saíndo ás 16h do sábado 25 de Lousame (A Coruña). É unha proba non competitiva que se poderá realizar correndo ou andando, sen ningún tipo de restrición, sempre que se cumpran uns tempos de paso mínimos nos controis (aprox. 4,5 km/h de mínimo).
O percorrido estará completamente balizado e realizarase por camiños, sendas, pistas forestais e en pequena proporción (un 10%), asfalto. Haberá 3.000m de subida acumulada e contaremos con 10 avituallamentos o longo do percorrido: 5 liviáns (líquido e froita) e outros tantos con máis comida sólida (sándwichs, etc.). No avituallamento do km. 37 haberá unha cea quente, e no do 100 haberá unha festa de confraternización entre voluntarios e participantes tamén con comida quente, a partir das 12h. do domingo.
O percorrido transcorre polos 7 concellos da comarca do Barbanza: Lousame, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia, e regreso ao punto de partida en Lousame. A ruta ten enormes atractivos paisaxísticos, culturais e históricos, a través de camiños ancestrais, sendas fluviais, pistas e corredoiras…
Hai un máximo de 300 prazas, cuxo custe é de 55€ para as inscricións entre 28 de febreiro e 30 de abril, e 75€ para as inscricións entre 1 de maio e 15 de xuño.
Os canais de información son http://itrekkers.org, e o facebook, https://www.facebook.com/itrekkers/
A inscrición realizarase na páxina web e o pago será a través da plataforma segura de pago.
Se tes calquera dúbida, por favor envíanos un mail a 2022@itrekkers.org
REGULAMENTO CARTEL INSCRICIÓNDúbidas sobre as inscricións
Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Únicamente mediante a pasarela de pago desta páxina.
O pago na nosa pasarela é 100% seguro.
Cal é o coste das inscricións?
O importe das inscricións para os 100 do 2022, son:
Non se admitirán inscritos a partir do 16 de Xuño.
Por razóns operativas, existe un límite de 300 inscritos. Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.
Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?
As inscricións serán persoais e intransferibles.
O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:
Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura. Hai unha lista de inscritos actualizada.
PREGUNTAS SOBRE A PROBA
O percorrido vai estar marcado e balizado?
Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos marcas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.
Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.
Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación “por arriba” da idade. Si, por abaixo, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha carta asinada polos pais ou titores. Pero por arriba, non hai límite de idade.
¿Vai haber avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 10 avituallamentos, onde haberá líquidos e sólidos. A cea, con comida quente, estará no km. 37. Aínda así é obrigatorio que todo participante leve un contenedor de líquido e recomendamos moito que tamén leve algo de comida entre avituallamentos.
É necesario levar algo máis?
É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km.
Tamén aconsellamos levar o seguinte equipo:
Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas númeradas cos dorsais que se levarán ata o punto de avituallamento do km 37, que logo se levarán de novo ó km 100).
A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que teña un peso e volume razonable. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, tense que meter nunha bolsa que proporcionará a organización cunha pegatina co número de dorsal do participante.
A organización levará unha bolsa ata o km. 37. Alí os participantes collerán e deixarán o material que desexen. Logo a organización voltará levala ata a saída.
A organización, malia que velará por todo o material que nos entreguedes, non se pode facer responsable de posibles perdas do material entregado.
É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada? Teléfono de emerxencia?
A proba sae e chega de Lousame.
No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos, agás por razón de forza maior. Dende alí serán transportados ata Lousame pola organización. En caso de forza maior, ofrecerase un teléfono de emerxencias ó que contactar se non se pode chegar a un avituallamento.
Despois da proba
Que se entrega ós participantes?
Tódolos participantes terán unha prenda conmemorativa da proba. Aparte, os que completen no prazo de 24 horas os 100km, obterán unha medalla de finisher e un diploma indicando o tempo que necesitaron para cubrir todo o percorrido.
Que é o xantar de chegada?
A partir das 12h do día 26, a organización organiza un xantar entre participantes e voluntarios coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan.. Noutros anos, neste xantar houbo mexillóns, polbo, carne...
Dádevos conta que nós organizamos unha proba de 100km, non unha comida, e por xentileza, permitimos que algún acompañante dos participantes asista ó xantar. Polo tanto, permítese a asistencia de ata 2 acompañantes por inscrito, previa adquisición da entrada. Este coste ten un custo de 20€ por acompañante e poderá adquirirse na web dos itrekkers.
A saída e chegada da proba está localizada no concello de Lousame, no Pavillón polideportivo da Silva. Está situado ao norte da península do Barbanza, nunha posición privilexiada preto de marabillas paisaxísticas, culturais e turísticas.
As distancias a distintos puntos son: (segundo Google Maps)
Transporte público
O mellor xeito de chegar a Lousame en transporte público, mediante autobús, ata Noia. Os autobuses saen da estación de autobuses de Santiago, próxima á estación de trens. Máis información en https://www.bus.gal
Dende outras localidades pódese chegar en autobús, tren ou avión a Santiago, que é a cidade de referencia, e alí coller o autobús ata Noia.
CONCELLO | QUE VER? | ONDE XANTAR? | ONDE DURMIR? |
---|---|---|---|
LOUSAME (SEDE) | QUE VER? | ONDE XANTAR? | ONDE DURMIR? |
NOIA | QUE VER? | ONDE XANTAR? | ONDE DURMIR? |
RIANXO | QUE VER? | ONDE XANTAR? | ONDE DURMIR? |
PORTO DO SON | DIRECTORIO TURÍSTICO | ||
BOIRO | DIRECTORIO TURÍSTICO | ||
POBRA DO CARAMIÑAL | QUE VER? | ONDE DURMIR? | |
RIVEIRA | QUE VER? | ONDE XANTAR? | ONDE DURMIR? |
Para poder sacar adiante unha proba destas características necesitamos voluntari@s para controlar, cronometrar, avituallar, repartir dorsais, axudar á organización,...
Contactaremos contigo para ver como nos podes axudar e intentaremos que o poidas pasar en grande.
Moitas grazas pola túa participación. Todos xunt@s faremos de Os 100 un gran evento e @s participantes levaranse un recordo inesquecible das nosas costas e montañas.
Buscamos xente que queira participar en esta experiencia e axude a xente a facer os 100KMs.
CÓMO:
Outra maneira de vivir os 100, de participar en eles, de vivir a experiencia.
Se es un deles, APÚNTATE!!!
Envíanos un correo a 2022@itrekkers.org
O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), é un club de montañismo composto por entusiastas das bisbarras do Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira proba en Galicia de ultrafondo (100 km en 24 horas).
Os ITBS está composto por fondistas con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50km pola xeografía galega e norte de Portugal. Son uns habituais na Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo